Directorio » Noticias



[31/08/2010 17:48:00] Escuela de tenis

 

    Dende a Dirección da Escola de Tenis de CLUTECA queremos poñer en coñecemento a tod@s @s alumn@s os cambios

previstos para a tempada 2010-2011.

Novidades nas normas da escola:

- A partir do mes de Outubro as cotas da escola veranse incrementadas para os non socios (as dos socios mantéñense).

Os prezos das clases levan varios anos sen incrementarse e dende Outubro producirase unha suba de 2 €.

- As cotas que ata o momento se pasaban a mes vencido, pasarán a cobrarse a inicio de mes.

   Igualmente este curso ofrecerase a posibilidade de sesións de 90 minutos de duración, en lugar das dunha hora

habituais, para todos os adultos interesados. En caso de reunir un grupo suficiente, os horarios serían de 19'30 a 21 h ou

ben de 21 a 22'30 h.

Na sección "Escuela de Tenis" atoparedes toda a información que necesitedes, así como a ficha de inscrición para facer

efectiva a vosa matrícula na escola

Un saúdo.                                                                                 A Dirección da Escola.

[31/08/2010 00:34:00] Torneos y campeonatos

    Tras 15 días de intensos partidos en xornada de tarde-noite, o Domingo 29 púxose colofón ao XII Aberto de tenis do Concello

de Cangas coas finais Masculina e Feminina.

    A partires das 11:00 h deu comezo a final Feminina, enfrontándose nela Patricia Vilas a Alexandra Renda. O partido resultou

longo, duro e moi disputado, impoñéndose ao final Patricia Vilas por un apretado 7/5, 7/6.

    Ás 12:30 h comezou a final masculina que disputaron Miguel Casal, vixente campión (e moooi duradeiro no tempo) fronte ao

aspirante Rodrigo Figueroa. O partido comezou sendo espectacular pola potencia que imprimía aos seus golpes Rodrigo.

Pero Miguel, logo dos xogos iniciais nivelados, acabou impoñéndose claramente, mais tendo que empregar todos os seus recursos,

que son moitos. O resultado final foi de 6/2, 6/2 favorable a Miguel Casal, un ano máis (e os que faltan, non?).

  

 

 

     A entrega de premios estivo presidida pola Concelleira de Deportes, Toñi Queimaño, que tamén aisitiu aos posteriores pinchos cos

que, xa de xeito tradicional, a organización de Cluteca invita a tod@s os asistentes aos partidos, que unha vez máis resultou moi

numerosa ao igual que no resto do torneo.

    Aos vencedores no torneo as nosas felicitacións polas victorias respectivas. Aos finalistas, esperamos que no próximo Aberto volvan

a estar aquí para tentar de novo o triunfo. E a todos os participantes (74 nesta edición) e atodos os soci@s, amigos do tenis e

afeccionados, moitas grazas polo voso apoio no torneo.

    O ano que ven.... o XII máis I Aberto de Tenis do Concello de Cangas vos agarda!


[23/08/2010 16:45:00] Torneos y campeonatos

AVISO SOBRE CAMBIOS NOS CALENDARIOS DA FASE FINAL!!!

Na fase final feminina hai cambios  de data dalgúns partidos (marcados en amarelo). Na fase final masculina, finalizada

a fase previa, xa está completo o cadro co sorteo das posicións dos xogadores de dita fase, así como as datas definitivas de xogo.

Consultádeas!!!


[15/08/2010 17:23:00] Torneos y campeonatos

Xa tedes no apartado de Descargas os cadros e horarios correspondentes ás fases Pre-previa e Previa da categoría masculina

do Torneo. Consultádeas xa que os primeiros partidos comezan o luns pola tarde.

O sorteo do cadro da fase final realizarase o mércores 18 de agosto ás 13:00 h nas pistas de S. Roque.


[14/08/2010 19:26:00] Torneos y campeonatos

Mañán 15 de agosto ás 12:00 h faremos o sorteo dos cadros na caseta das pistas de Rodeira. Ademáis amplíase

o prazo de inscrición da categoría feminina do torneo ata mañán a esa mesma hora. Animádevos a vir!


[13/08/2010 23:28:00] Torneos y campeonatos

Lembramos a todos os xogadores/as que ides participar no Aberto do Concello de Cangas 2010 que o prazo de inscrición

remana mañán sábado 14 ás 20:00h. No seguinte enlace tedes a lista de participantes inscritos ata o día 12. Comprobade

se hai algún erro.


[07/08/2010 10:32:00] Torneos y campeonatos

Xa está aberta a inscrición no XII ABERTO CONCELLO DE CANGAS que ven celebrando CLUTECA en colaboración

co Concello nestes últimos doce anos, coincidindo coas festas do pobo. Neste enlace tedes toda a información e aquí o

cartel do torneo para descargar. Agardamos superar, si se pode, a gran calidade na participación das edicións anteriores.

Bo torneo!

 

 


[03/08/2010 11:33:00] Torneos y campeonatos

E rematou o Torneo Nodosa-Cluteca 2010 o pasado domingo 1 de agosto coa celebración das finais nas categorías Alevín,

Infantil e as Absolutas Feminina e Masculina.

Suliñar o éxito desta edición do Torneo tanto pola cantidade de xogador@s inscrito (204 en total), como pola calidade dos

mesmos (varios del@s entre os 100 e 200 primeiros do ránkin nacional).

 


[26/07/2010 18:41:52] Torneos y campeonatos

Xa está o cadro da categoría Alevín colgado na sección de Descargas.

Comezarán os partidos o mércores 28 de xullo.


[25/07/2010 10:26:00] Torneos y campeonatos

E comezamos a última semana de competición do Torneo coas categorías que faltaban, ademáis da Infantil e Alevín. Na sección

de Descargas xa tedes os cadros correspondentes á fase final da categoría absoluta Feminina (a partir do venres 30) e tamén a

da absoluta Masculina (comezará o mércores 28).


[21/07/2010 21:01:00] Torneos y campeonatos

Tras finalizar o prazo de inscrición, xa tedes na sección de Descargas o cadro da categoría Infantil e tamén do da

fase previa da categoría Absoluta (cunha fase preprevia tamén). Consultádeos pois a absoluta xa comeza o venres 23!


[21/07/2010 11:31:00] Torneos y campeonatos

Amplíase o prazo de inscrición na categoría Alevín do Torneo Nodosa ata mañán xoves 22 ás 16:00 h debido a que todavía

non se completou o cadro mínimo de oito xogadores necesarios. Animádevos a participar e contactade co club para inscribiros!

En caso contrario, os Alevíns inscritos poderán participar na categoría Infantil.


[16/07/2010 23:23:00] Torneos y campeonatos

Categoría Veteranos +35. Xa tedes na sección de Descargas o cadro dos partidos da fase previa e da final.

Comenzarán o domingo 18  pola mañán e xogaranse nas pistas de San Roque e de Rodeira (fixádevos na que vos toca).


[16/07/2010 14:40:00] Torneos y campeonatos

Hoxe venres 16 de xullo remata ás 18:00 h o prazo de inscrición no Torneo na categoría de Veteranos Iunior (+35).

O martes 20 de xullo remata o prazo á mesma hora para as categorías Alevín, Infantil e Absoluta.


[15/07/2010 00:27:00] Actualidad de club

A Xunta Directiva  do Club de Tenis comunica aos soci@s que continuando co afán de facilitarlle novos servicios, acaba de

establecer dous convenios de colaboración con dúas firmas comerciais de Cangas.

      “FredySport”, que é un novo socio protector do club e ofrece ademáis un 15% de desconto nos seus produtos (agás nas ofertas). 

      “Atlantic”  (fitness, spa, ximnasio, piscina…), co que establecemos un convenio de colaboración polo que todos os soci@s de

Cluteca terán un desconto do 15% mensual sobre o importe do recibo, recibindo os seus soci@s idéntico trato por parte de Cluteca.

 

Para poder desfrutar destes beneficios temos un novo Carné de soci@ de CLUTECA, que xa podedes recoller a través de calquera

membro da directiva (lembrade os teléfonos do club, 650424133, 650424134, 650424135, 650424136) e co que vos poderedes

identificar nestas dúas entidades.

 

Esperamos e desexamos que vos parezan interesantes estas novas opcións, que tratan por un lado de favorecer ó soci@ , e de paso

colaborar con aquelas empresas ou entidades de Cangas que nolo posibilitan.


[14/07/2010 00:00:00] Torneos y campeonatos

O XVIII Torneo NODOSA-CLUTECA de Tenis acadou este fin de semana as súas primeiras Finais en 3 das categorías nas

que se desenvolve.

En Cadete-Junior a final xogarona Javi Martínez do Cluteca e Ángel Espadas de Santiago. Impúxose claramente  Ángel Espadas

por 6/1, 6/0. 

En Veteranos Carlos e José González chegaron á final logo de eliminar nas semifinais a Eugenio do Cluteca e A Fernando Mejuto

do Aeroclub de Santiago, sendo este un dos partidos máis competidos do campeonato, resolvéndose para José por 8 a 6 no terceiro

set.

A Final foi para Carlos González que se impuxo logo dun longo partido por: 6/2, 3/6, 6/4.

En Dobres Absolutos Jorge González e Alberto Fernández enfrontaronse a Fran e Paco Arias, sendo o resultado 4/6, 6/4 e 10/8

no Supertiebreak  favorable a  Paco e Fran.

Noraboa ao todos os campións!!!

 

 

Do 18 o 25 comezará a categoría de Veteranos Juniors +35 e a partires do 25 o Absoluto. A categoría de Vet. Junior este ano

preséntase moi interesante e previsiblemente terá un cadro de máis de 32 xogadores, 15 dos cales son de fóra de Cangas, que

veñen a disfrutar do tenis e de Cangas. Nas categorías desenvolvidas ata este momento levan participado un total de 74 xogadores.


[04/07/2010 23:50:00] Torneos y campeonatos

Xa tedes na sección de Descargas os cadros correspondentes ás categorías de Veteranos +45 e Dobres Masculino que terán

lugar a partires do luns 5 de xullo. Estade atentos aos vosos partidos!


[29/06/2010 22:37:00] Torneos y campeonatos

Da comezo o Torneo Nodosa-Cluteca 2010 nas categorías de Cadete-Iunior. A fase previa xogarase o vindeiro

xoves día 1 de xullo pola tarde e a fase final dará comezo o sábado 3 de xullo ás 10:00 h. Na sección de Descargas tedes xa

o cadro do torneo. Boa sorte a todos!


[14/06/2010 01:47:00] Torneos y campeonatos

E xa estamos inmersos na nova edición do Torneo Nodosa-Cluteca que da comezo a temporada de verán no noso club.

E xa tedes a vosa disposición toda a información sobre o mesmo nesta nova. E este o cartel de presentación (aquí o podedes baixar).

 


[14/06/2010 01:11:13] Torneos y campeonatos

E xa temos campión do Torneo Primavera 2010: Fran Arias, quen derrotou por 6/1 e 7/6 a Javi Palmás nunha

emocionante final. Noraboa o campión e como non, tamén ao finalista por chegar ata aquí. Tamén felicitar aos semifinalistas,

Ricardo Vázquez e Manu Pérez, polo seu destacado xogo durante o torneo.

A todos vos esperamos no próximo Torneo Primavera 2011.

 


[29/05/2010 15:53:00] Torneos y campeonatos

Tras rematar a fase de grupos do Torneo Primavera, xa tedes no apartado "Descargas" o cadro da fase final do Torneo.

O Domingo 30 xa é a primeira xornada. Consultádeo!!!


[25/05/2010 21:35:00] Escuela de tenis

O Club de Tenis de Cangas, Cluteca, o vindeiro Sábado, 29 de Maio vai organizar a IX Festa do Tenis.

A xornada levarase a cabo nas instalacions do Ceip de S.Roque. Intervirán todos os centros que participaron na campaña de

Promoción do Tenis, que promociona a Fundación Cangas Deporte e na que tamén participa a Federación Galega de Tenis: Ceip San

Roque-Darbo, C. do Hio, C. de Coiro, C. de Espiñeira, C. de Nazaré, Ceip A Rúa, C. C. da Virxen, C. da Cia. de Mª., C. da Sagrada

Familia.

(Máis información pinchando na nova)


[22/05/2010 09:23:00] Torneos y campeonatos

 

EQUIPOS  DE CLUTECA 

 

ALEVÍNS: Esta semana o equipo de Cluteca acadou unha nova victoria , por 1 a 4,ó enfrontarse  en Lalín ao Tenis

Avantaxe; as victorias locais foron para Diego Maya, Diego Ferradás , Sergio Iglesias e o doble de David Fdz. e

Diego Maya.

O vindeiro sábado xogarase nas pistas de S.Roque o liderato do seu grupo contra o Tenis Rial de Vilagarcía e deberá

remontar o 2 a 3 conseguido na ida polo equipo de Vilagarcía. 

O equipo ABSOLUTO de 6ª  pola súa banda terá que xogar a promoción contra o Universidade de Vigo “B” os vindeiros

23 e 30 de Maio, para acadar o ansiado ascenso.

Ahí estamos!!!


[10/05/2010 18:39:00] Torneos y campeonatos

 

 

Resultados dos partidos das promocións celebrados ata agora.

 

 

HORA
PISTA 1
PISTA 2
10:00
J. L. Chamadoira - José Méndez    2/6, 1/6
Alberto F. Piñeiro – J. A. Mtnez. Conde   4/6, 2/6
11:30
Álex Chamadoira – J. Carracelas  4/6, 6/4, 3/6
J. Mtnez. Ruibal – Pablo Avilés   3/6, 1/6
13:00
F. Cebrián – Fco. Igl. Malvido
Luis Rial – David Fdez. Viñal  5/7, 2/6
17:00
Miguel A. Paredes – Ana Portas
César Valladares – Paco Arias 6/1, 6/3
18:30
J. R. Piñeiro – Martín González  0/6, 1/6
 

 
Lembrade comunicar os resultados dos partidos á organización cando os xoguedes.

[30/04/2010 23:01:00] Torneos y campeonatos


Xa tedes na sección de Competicións os grupos e os partidos da primeira xornada correspondentes á 1ª fase de Liga do Torneo

Primavera, así como os calendarios que podedes conseguir chamando aos números habituais dos responsables da competición e no

apartado de Descargas. Consultádeas xa que empezamos os partidos este domingo 2 de maio, nas pistas de Rodeira.

A xogar!


[24/04/2010 09:09:00] Torneos y campeonatos

 E xa estamos inmersos noutra clásica competición de CLUTECA.  A partir do 1 de maio dará comezo o

XI TORNEO PRIMAVERA 2010. E este é o cartel (para descargar). Apuntádevos!

 

Límite Inscripción: 29/04/2010

Categorías: Absoluto mixto

Cuota inscripción: Socios 6 €, Non socios: 12 €

Teléfonos contacto: 650424133/35/36

Mail: cluteca@cluteca.com 

Normas do torneo


[17/04/2010 18:12:00] Torneos y campeonatos

E xa rematou a 2º fase da Liga!

Xa podedes consultar as clasificacións da fase nesta páxina, aínda que pode haber algunha modificación de última hora. Tamén

estarán expostos a partir de mañán domingo no taboleiro da caseta de Rodeira.

E todavía faltan os partidos das promocións para saber como queda a clasificación final da liga. Este e o calendario.

Lembrade que todos os partidos xogaranse mañán Domingo 18 de abril nas Pistas de Rodeira.

 

HORA
PISTA 1
PISTA 2
10:00
J. L. Chamadoira - José Méndez
Alberto F. Piñeiro – J. A. Mtnez. Conde
11:30
Álex Chamadoira – J. Carracelas
J. Mtnez. Ruibal – Pablo Avilés
13:00
F. Cebrián – Fco. Igl. Malvido
Luis Rial – David Fdez. Viñal
17:00
Miguel A. Paredes – Ana Portas
César Valladares – Paco Arias
18:30
J. R. Piñeiro – Martín González
 

 
Nota: en caso de choiva os partidos trasladaranse, na mesma orde, para o sábado 24 de abril de 2010.

[15/04/2010 00:00:53] Torneos y campeonatos

AVISO MOI IMPORTANTE PARA TODOS OS XOGADORES/AS DA LIGA DE TENIS!!!

 

Este venres 16 de abril finaliza o prazo par xogar os partidos da 2ª fase da liga e comunicar os resultados. O sábado 17 faranse

as clasificacións e os cadros para xogar as promocións de ascenso e descenso das diferentes categorías. Ese día vos avisaremos

persoalmente ao voso teléfono para indicaros as horas nas que se celebrarán os partidos, que como xa tedes no calendario xogaranse,

todos os que se poidan, o domingo 18 nas pistas de San Roque e Rodeira.

Un saúdo!


[12/04/2010 17:27:00] Torneos y campeonatos

Resultados da xornada correspondente ao Domingo 11 de Abril de 2010.
 

ALEVÍNS: Descansaron esta semana para enfrontarse o vindeiro Sábado ó C.T.Rial de Vilagarcía, ambos equipos imbatidos,

xogaranse polo tanto o liderato do grupo.

 

ABSOLUTOS : O equipo de 6ª  impúxose  nas Pistas do Ceip de S.Roque ó  C.T. Ponteareas por 3 a 1. Con esta victoria o equipo

de Cluteca xa se mete nas semifinais na loita polo ascenso a 5ª. O rival será o C.T.Cambados ou a sociedade de T. de Culleredo. O

equipo de 2ª Desprazouse nesta ocasión a Nigrán para xogar co Náutico de Vigo. O resultado foi claro e contundente para os de

Cangas: 5 a 0.As victorias acadáronas: Nacho Trigo, Jorge Glez., Javi Palmás, Jorge Bdez. e Mario Otero. Con este resultado o

Cluteca xa mantén un ano máis a categoría, 2ª autonómica.

 

Ahí estamos!

 


[04/04/2010 17:23:00] Actualidad de club

O pasado 27 de marzo celebróuse a Asamblea Xeral Ordinaria de CLUTECA. Nela, entre outros puntos do día, aprobáronse

as novas tarifas do club para o ano 2010, tanto para a inscripción dos novos socios e socias como para as clases da escola de

tenis (curso 2010-2011). Podedes consultar as mesmas nas seccións adicadas ao Club e á Escola de Tenis.

Un saúdo!

Página - 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6   de 6

Localizados 161 registros
Visualizando de 1 a 30

Vista

Palabras clave Obligatorio/No obligatorio
Categoria Obligatorio/No obligatorio